NOVAS DO SECTOR: HOXE 29 ESTRÉASE NA CONFRARÍA DE PESCADORES DE BURELA O DOCUMENTAL LABREGOS DO MAR

29 / 12 / 2006

Labregos do mar é un documental de 55 minutos de duración, dirixido por Cibrán Isasi e producido por Alén Filmes e Producións Zopilote.
Costeira é o nome da campaña da pesca do bonito que se fai cada verán. A maioría dos barcos dedicados a este tipo de pesca teñen a súa base no porto de Burela. Os boniteiros son pequenos barcos cuns dez ou doce tripulantes que perseguen o peixe por todo o Atlántico, comezando polas Illas Azores no mes de Xuño e rematan en Outubro fronte ás costas de Irlanda. O xeito de pescar o bonito na actualidade –utilizando grandes cañas cun cebo para atraer os peixes- é moi similar ó que se utilizaba hai moitos anos.
LABREGOS DO MAR

O vindeiro venres 29 ás 20.00 horas, no salón de actos da Confraría de pescadores de Burela,terá lugar a estrea do documental LABREGOS DO MAR.

Labregos do mar é un documental de 55 minutos de duración, dirixido por Cibrán Isasi e producido por Alén Filmes e Producións Zopilote.

Costeira é o nome da campaña da pesca do bonito que se fai cada verán. A maioría dos barcos dedicados a este tipo de pesca teñen a súa base no porto de Burela. Os boniteiros son pequenos barcos cuns dez ou doce tripulantes que perseguen o peixe por todo o Atlántico, comezando polas Illas Azores no mes de Xuño e rematan en Outubro fronte ás costas de Irlanda. O xeito de pescar o bonito na actualidade –utilizando grandes cañas cun cebo para atraer os peixes- é moi similar ó que se utilizaba hai moitos anos.

Neste documental quixemos ensinar en que consiste e como se vive unha costeira do bonito, as descargas de peixe, a subasta, pero tamén a pesca. Armadores, subastadores, xente do mar, pero tamén os mariñeiros e as súas familias cóntanos como é a súa vida, as súas vivencias, como é a vida en alta mar e cando están en terra.

Para reflectir con precisión como é a pesca do bonito estivemos embarcados a bordo do Pachilán, un boniteiro de Burela. No barco convivimos cos mariñeiros e escoitamos as súas vivencias.

FICHA TÉCNICA:

Labregos do Mar

Duración: 55 minutos.
Formato: HDV

Director: Cibrán Isasi.
Guión: Carlos Ares, Cibrán Isasi.
Música: Santi Jul.
Produción executiva: Carlos Ares, Diego Méndez
Director de fotografía: Aberto Castro.
Montaxe: Marcos
Son: Santi Jul.
Produtor: Martín Ramudo.
Axud. Produción: Paco Jul.

Categoría: Novas
Etiquetas: