NOVAS DO SECTOR: ALUMNOS DA ESCOLA DE IMAXE E SON BUSCAN ACTORES PARA A RODAXE DUNHA CURTAMETRAXE

25 / 01 / 2007

A Escola de Imaxe e Son de Lugo acollerá o vindeiro martes, 30 de xaneiro, a celebración dun casting de actores. A audición, que terá lugar a partir das cinco da tarde, servirá para seleccionar aos sete personaxes dunha curtametraxe que os alumnos do segundo curso dos ciclos de Realización e Produción teñen previsto grabar o 12, 13,14 de Febreiro ALUMNOS DA ESCOLA DE IMAXE E SON BUSCAN ACTORES PARA A RODAXE DUNHA CURTAMETRAXE

A Escola de Imaxe e Son de Lugo acollerá o vindeiro martes, 30 de xaneiro, a celebración dun casting de actores. A audición, que terá lugar a partir das cinco da tarde, servirá para seleccionar aos sete personaxes dunha curtametraxe que os alumnos do segundo curso dos ciclos de Realización e Produción teñen previsto grabar o 12, 13,14 de Febreiro.

A rodaxe da curtametraxe inclúese dentro das actividades do módulo de Proxecto Integrado, no que os alumnos do segundo curso deben poñer en práctica os coñecementos teóricos adquiridos ao longo do ciclo.

Perfil requerido

O guión da curtametraxe require que os actores se adapten aos seguintes perfís:
2 HOME de entre 27 e 35 anos.
1 MULLER de entre 27 e 35 anos.
1 HOME de entre 45-55 anos
1 NENA de entre 4-6 anos
2 HOMES de entre 35-45 anos

Categoría: Novas
Etiquetas: