NOVAS DO SECTOR: 30.000 PERSOAS DISFRUTARON DA 3ª EDICIÓN DE CINEMA DE NOITE ESTE VERÁN

30 / 11 / 2006

Mañá 1 de decembro, coa proxección no CGAC, de Un franco, 14 pesetas, precedido da curtametraxe Minotauromaquia, concluirá a terceira edición de Cinema de Noite, un programa de difusión e promoción do audiovisual galego organizado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, da Consellería de Cultura e Deporte, e que consiste na proxección en trinta e cinco milímetros de películas e curtametraxes, rodados por productoras galegas, en pequenas poboacións carentes de locais de cine estables. 30.000 PERSOAS DISFRUTARON DA 3ª EDICIÓN DE CINEMA DE NOITE ESTE VERÁN

Mañá 1 de decembro, coa proxección no CGAC, de Un franco, 14 pesetas, precedido da curtametraxe Minotauromaquia, concluirá a terceira edición de Cinema de Noite, un programa de difusión e promoción do audiovisual galego organizado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, da Consellería de Cultura e Deporte, e que consiste na proxección en trinta e cinco milímetros de películas e curtametraxes, rodados por productoras galegas, en pequenas poboacións carentes de locais de cine estables. O obxectivo deste programa é permitir o acceso a auténticas proxeccións cinematográficas de trinta e cinco milímetros ós habitantes de núcleos rurais sen sala de cine, coa mesma calidade que nas grandes cidades. Todas as películas que integraron o programa Cinema de Noite foron precedidas de curtametraxes tamén galegas.

O programa Cinema de Noite, que percorreu todas as comarcas galegas, compúxose de cento vinte sesións desenvolvidas principalmente ó aire libre, pero tamén, as veces, en casas de cultura ou polideportivos. En total, rexistrou casi trinta mil espectadores e percorréronse máis de trinta e cinco mil quilométros.

Co programa Cinema de Noite, ademais de promover o cine galego, a Consellería de Cultura e Deporte tratou de conxugar o lúdico co educativo, e todos os asistentes recibiron un libriño, editado a toda cor, no que, ademais de conter información xeral sobre todas as películas que compoñen o programa, dispoñe dunha sección ilustrada que, baixo o título Os segredos do mundo do cine, explica a complexidade do proceso de rodaxe dunha produción audiovisual. Ademáis das súas trinta e dúas páxinas, o opúsculo leva adherido un encarte de 16 páxinas impreso nun papel mais ríxido, co cal o sector mais novo da audiencia puido fabricar un libro animado. O fin didáctico primordial é facer comprensible o fenómeno da capacidade da retención da retina do ollo humano mediante unha manualidade a fabricar por os nenos para poder participar no concurso Cinema de Noite. O obxectivo e perseguir que os nenos, nestes tempos tan afeitos a conseguir as cousas intantáneamente premendo un botón, gocen elaborando unha manualidade que é, en realidade, un experimento científico e cuxo resultado en movemento poden verificar de inmediato. O libriño animado mostra una secuencia completa do curtametraxe Minotauromaquia: Pablo no laberinto, co fin de conmemorar o 125 aniversario do nacemente, este ano, de Pablo Picasso. Se lle damos a volta ao libriño animado, o espectador pode ler un breve estudo sobre o decisivo que foi para a formación do mozo Pablo a súa estancia en Galiza.

• Cinema de Noite ofertou ós concellos dez longametraxes en trinta e cinco milímetros filmados por productoras galegas: Un franco, 14 pesetas, Gisaku, Galataray Depor, Cargo, Somne, O agasallo de Silvia, Urxa, Sempre Xonxa, A casa de miña aboa e o programa dobre composto por Pensando en Soledad e O alquimista.

• Un franco, 14 pesetas, con oitenta e tres proxeccións, foi a película máis seleccionada polos técnicos de cultura, seguida por Gisaku, con vintedúas proxeccións, e Galataray Depor, con quince proxeccións.

A curtametraxe máis seleccionada foi Minotauromaquia, con oitenta e tres proxeccións, seguida de Mártires, con vinteduas proxeccións, e A teoría do espello, con quince proxeccións. A derradeira proxección de Cinema de Noite tendrá lugar hoxe venres, 1, as 20.00 horas, no CGAC de Santiago de Compostela.

Xosé Zapata
Telf.: 0034-981259247
Avda. de Nostian Nave 3, 15.008 A Coruña-Spain
xosezapata@ibcinema.com
www.ibcinema.com

Categoría: Novas
Etiquetas: