Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) presentará este sábado a partir das 18.00 horas dúas curtametraxes, MURO PÚBLICO (2011) de Pablo Outón e MACHO ALFA EN EL GABINETE DEL DR. TIRANO (2009) de Paula Carro. O evento contará coa presenza dos dous directores e o guionista de MACHO ALFA…Jano. A entrada será de balde. 

MURO PÚBLICO
(España, 2011)
Dirección, guión e produción: Pablo Outón. Fotografía: Xosé González Varela, Nando Vázquez, Esteban Bernárdez Fuentes e Pablo Outón. Intérpretes: Intérpretes: Liqen, Alberto Gracia, Ana Santiso, Branda, Antía Sánchez, Silvia Sánchez, Tayone, Pelucas, Bisgue, Minia Regos, Nando Vázquez, Pablo Outón. Duración: 16 minutos.
“Esta curtametraxe experimental, a modo de time-lapse documental, propón unha reflexión en torno ao concepto de propiedade da arte pública a través do apropiacionismo creativo na contorna urbana, onde un colectivo de artistas integra pictoricamente a publicidade que ateiga as rúas nas súas sucesivas obras murais e dando voz de narrador á cidadanía que transita o espazo entrópico do encadre visual” (Pablo Outón).

MACHO ALFA EN EL GABINETE DEL DR. TIRANO
(España, 2009)
Dirección: Paula Carro. Guión: Paula Carro e Jano. Produción: ETT Produccións. Fotografía: Luiso Ces. Intérpretes: Ricardo Mena, Toño Tejerina, May de La Peña. Duración: 11 minutos.
Macho Alfa non sabe que o combate máis difícil da súa vida está por chegar e non se vai librar dentro do ring… Unha visita ao dentista convértese nunha loita épica. Música de Santos Morcegos!!!