MOBILÍZATE NAS AULAS PROPÓN UNHA ACTIVIDADE LÚDICO-DIDÁCTICA DE GRAVACIÓN DUNHA CURTA MEDIANTE NOVAS TECNOLOXÍAS

6 / 05 / 2008

O Consorcio audiovisual organiza estes cursos que serán impartidos pola productora Mister Misto Films por diferentes colexios de toda Galicia. O obxetivo destes cursos será a gravación dunha curtametraxe (ficción, documental, animación) por parte dos alumnos mediante o uso das novas tecnoloxías.
A metodoloxía que van empregar é un teléfono móbil de última xeración para a gravación e desenvolvemento dos seus proxetos. Cunha sinxela noción teórica, os alumnos pasarán a grabar as imaxes co teléfono móbil.

Os cursos constarán de duas clases, unha teórica para impartir coñecementos e nocións básicas e outra práctica para levar a cabo a grabación e montaxe das imaxes captadas co móbil.

A primeira clase impartiráse en Lalín no colexio IES Ramón María Aller Ulloa.

Os cortos que realicen os alumnos poderánse ver na páxina web www.mobilizatenasaulas.com

Categoría: Novas
Etiquetas: