Melanie Parejo, responsable de Alianzas Estratéxicas de Youtube en España e Portugal, estará o vindeiro venres 30 de maio no Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA), título propio da Universidade da Coruña que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, para impartir o foro “Youtube, do mando ao play.

Durante o encuentro, Parejo explicará o modelo de negocio de Youtube como plataforma para compartir contidos audiovisuais e detallará o universo dos creadores e agregadores de creadores en Internet. Ademais, realizará unha análise dos usuarios como fans e creadores de contidos e falará do control do copyright na rede.

Licenciada en Ciencias da Información, Parejo comenzou como periodista no xornal El Mundo. En 2007 incorporouse a Antena 3 como responsable de contidos de antena3.com ata 2011. Dende entón, Parejo lidera a xestión dos partners estratéxicos de Youtube no sector do entretemento.