O FILME DE AVI MOGRABI “ONCE I ENTERED A GARDEN”, HOXE NO CINECLUBE

26 / 05 / 2014

Hoxe, luns 26 de maio ás 20.30 e 23.00h, terá lugar a proxección no Cineclube Padre Feijoo nas Sesións Filmoteca da produción Once I entered a garden, de Avi Mograbi.

Director: Avi Mograbi | Israel-Francia-Suíza, 2012 | 97′ | VOSe | 2€

Sinopse: Unha ollada a un estado binacional ideal de Israel a través da aprendizaxe da historia do seu pasado. Unha narración sobre a amizade a través das conversas do propio director, Avi Mograbi, e o seu amigo, palestino, Ali Al Azhari, nas que intentan dilucidar como sería coñecer ao avó sirio de Mograbi en 1920.

Categoría: Novas
Etiquetas: