MARXES FÍLMICAS DE VERÁN EN RIBADAVIA

29 / 07 / 2013

Despois da estupenda repercusión do pasado ano, chega unha nova edición do ciclo dedicado aos filmes que, sen distribución comercial, ou á marxe das narrativas convencionais, programamos de novo en Ribadavia, froito da complicidade co Museo Etnolóxico de Ribadavia, e nesta ocasión da inestimable colaboración do Instituto Goethe de Madrid.

As sesións serán todos os martes de agosto, ás 20:15 horas no Museo Etnolóxico de Ribadavia.

Os filmes programados son:

 

6 de agosto de 2013 …” A corrupción e o abuso das multinacionais”:  

Mosconi – ou a quen pertence o mundo  (Mosconi – oder wem gehört die Welt) (2007, Alemaña) 78 min

 

13 agosto de 2013 …” A vida durante un verán dunhas adolescentes”: 

Princesas (Prinzessinnenbad) (2006, Alemaña) Documental. 92 min. 

 

20 de agosto de 2013…”A atarctiva personalidade científica de Eric Kandel”:

En busca da memoria (Auf der Suche nach dem Gedächtnis )(2008, Austria) 95 min

 

27 de agosto de 2013..”O relato mudo de terror sobre o Holocausto”: 

O silencio de Gerda (Gerdas Schweigen)2008, Alemaña) 89 min

 

A  entrada é gratuíta, pídese a máxima puntualidade. Máis información e detalle: http://cineclubepf.blogspot.com.es/2013/07/marxes-filmicas.html

Categoría: Novas
Etiquetas: