BÚSCASE NENA DE ENTRE 4 E 12 ANOS, PARA A NOVA SERIE DA TELEVISIÓN DE GALICIA

24 / 07 / 2013

Voz Audiovisual, productora de ficción de referencia en Galicia,  anuncia a celebración dun cásting para nenas, este venres 26 de xullo, na Coruña. Búscase un perfil moi definido: nenas de entre 4 e 12 anos de idade, con algunha experiencia en teatro ou audiovisual.

As interesadas deben acudir, este venres 26 de xullo, en horario de 11.00 a 14.00 horas,  ás instalacións da productora na Coruña (c/ Gambrinus, 97- Polígono da  Grela). Aquelas que non poidan asistir poden enviar os seus datos persoais e 2 fotografías (cara e corpo enteiro) á dirección de correo: ana.fontan@vozaudiovisual.com.

A productora, creadora de títulos xa míticos da Televisión de Galicia, como Mareas vivas, a incombustible Padre Casares, ou Matalobos, recentemente galardoada co premio á Mellor Ficción Europea nos Prix Circom, iniciará en breve a gravación da primeira tempada de Chapa e pintura, que chegará á  TVG, en horario nocturno de máxima audiencia e de forma semanal, o próximo outono.

Categoría: Novas
Etiquetas: