LAS MARIMBAS DEL INFIERNO NO CGAI

10 / 05 / 2012

O Centro Galego de Artes da Imaxe estrea mañá venres día 11 de maio (20.30 horas) o filme Las marimbas del infierno (2010) de Julio Hernández Cordón.   

LAS MARIMBAS DEL INFIERNO
(Guatemala-Francia-México, 2010)
Dirección e guión: Julio Hernández Cordón. Produción: Les Films du Requin, Melindrosa Films, Axolote Cine e Codice Cinema. Fotografía: María Secco. Intérpretes: Alfonso Tunché, Blacko González. Duración: 73 minutos.
Don Alfonso, un marimbero extorsionado pola mara, e Blacko, roqueiro e médico, satánico e evanxélico, únense cun obxectivo común: lograr fusionar o son tradicional da marimba coa potencia do heavy metal. O resultado é un filme humanista, unha hábil mestura de ficción e non ficción con temas universais (amizade, creatividade ou supervivencia) no entorno da Guatemala contemporánea. Segunda longametraxe de Julio Hernández Cordón (1975), autor de Gasolina (2008), premiada en San Sebastián.

Categoría: Novas
Etiquetas: