MAÑÁ BORJA COBEAGA VISITARÁ A FUNDACIÓN AUTOR DE SANTIAGO

7 / 11 / 2011

Mañá martes día 8 de novembro, o donostiarra Borja Cobeaga estará na SGAE/Fundación Autor en Santiago de Compostela ás 18.00h dentro do ciclo “Cine por dentro” que organiza dita entidade, coa proxección de “Pagafantas”.

Borja Cobeaga despuntou coma realizador en programas de telerrealidade, como Gran Hermano ou Confianza Ciega. Tamén dirixiu o celebrado programa de humor Vaya semanita (ETB) e foi guionista e director de sketches en varios espazos cómicos a nivel estatal. Tras varias curtas, debutou no formato longo con Pagafantas (2009), comedia moi pupular que o leva á SGAE/Fundación Autor en Santiago. Tra-la proxección haberá un faladoiro co director.

A entrada ten un custe de 5 euros. Pódese reservar praza enviando o voso nome e DNI ao e-mail gnieves@sgae.es

Categoría: Novas
Etiquetas: