O CGAI PORÁ FIN AO CICLO ADICADO A CLÁSICOS DOS 70 CON EL PADRINO II

7 / 11 / 2011

O Centro Galego de Artes da Imaxe finaliza coa proxección d’EL PADRINO II (1974) de Francis Ford Coppola mañá martes 8 de novembro e o mércores 9 de novembro (ambos ás 20.00 horas) o pequeño ciclo dedicado á recuperación de clásicos dos anos 70 que permitiu a inauguración do proxector 2k cun servidor estándar DCP (Digital Cinema Package) de proxección dixital.

THE GODFATHER: PART II/ EL PADRINO. PARTE II    
(Estados Unidos, 1974)
Dirección: Francis Ford Coppola. Guión: Mario Puzo e Francis Ford Coppola, sobre a novela de Mario Puzo. Produción: Robert Evans para Paramount Pictures. Fotografía: Gordon Willis. Intérpretes: Al Pacino, Robert de Niro, Diane Keaton, Robert Duvall. Duración: 200 minutos.
Ambiciosa e sobria continuación da saga xa cun tempo e elementos de maxistral tragedia plantexados con singular intelixencia. Dividida en dous tempos históricos, a chegada aos Estados Unidos do mozo Vito Corleone (Robert de Niro) desde Sicilia a inicios do século XX, e os anos 50, co poder económico e a influencia política de Michael Corleone, herdeiro de Don Vito, o filme mesmo conflúe coa Revolución Cubana. Gañadora de 6 Oscars, capaz de aproveitar en papeis secundarios a xentes como John Cazale ou Lee Strasberg, un dos títulos máis memorables do New Hollywood.   

Categoría: Novas
Etiquetas: