MAÑÁ, A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL ENTREGA A MEDALLA DE OURO Ó CINEASTA LLORENÇ SOLER

30 / 11 / 2006

Como remate do Foro Academia Aberta 06, e seguindo coa tradición instituída na Academia Galega do Audiovisual, mañá venres ás 22:00 horas celébrase a Cea anual d@s soci@s da Academia, acto no que –ó comezo- lévase a cabo a entrega da Medalla de Ouro que outorga esta institución, e que este ano recae no cineasta valenciá de nacemento pero residente en Barcelona, Llorenç Soler, director de cine e realizador de Tv, especializado en traballos de carácter cultural, histórico, político e social, especialmente no xénero documental.
MAÑÁ, A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL ENTREGA A MEDALLA DE OURO Ó CINEASTA LLORENÇ SOLER

O acto celebrarase no decurso da Cea anual d@s soci@s da Academia, que pecha o Foro Academia Aberta 06

Santiago, xoves 30 novembro 2006

Como remate do Foro Academia Aberta 06, e seguindo coa tradición instituída na Academia Galega do Audiovisual, mañá venres ás 22:00 horas celébrase a Cea anual d@s soci@s da Academia, acto no que –ó comezo- lévase a cabo a entrega da Medalla de Ouro que outorga esta institución, e que este ano recae no cineasta valenciá de nacemento pero residente en Barcelona, Llorenç Soler, director de cine e realizador de Tv, especializado en traballos de carácter cultural, histórico, político e social, especialmente no xénero documental.

Llorenç Soler fixo os seus primeiros traballos en cine en 1966, comezando no eido da documentación social. O bon facer profesional ligado ó compromiso social deste cineasta, foron argumentos abondo para que a A.G.A. decidise que este galardón sexa sobradamente merecido por Soler.

Sobre a súa Filmografía

– 52 Domingos (1966), El largo viaje hacia la ira (1969), Gitanos sin Romancero (1976), L’altra normalitat (1981), son algúns dos títulos máis coñecidos da súa extensa filmografía nesta etapa inicial. Ata o 1981, na que comeza os seus traballos sobre soporte de Vídeo, chega a realizar 24 films documentais en 16 mm. e 5 curtametraxes en 35 mm.
– Xa no eido do Vídeo realiza, entroutros, os documentais E-vidències (1981), Bilbo (1983), Cada tarde a las cinco (1989),
– Ciudadanos bajo sospecha (1993), Els Joglars según Dalí (1999), etc, ata un total de máis de corenta títulos.
– De 1984 a 1986 é o realizados dos programas culturais da canle de televisión TV3 de Cataluña: Galeria Oberta e Trossos. Segue colaborando como free lance con esta última cadea na que, entre 1996 y 1998, realiza a serie de 13 capítulos documentais sobre Patrimonio da Humanidade titulada L’Oblit del passat (O olvido do pasado) .
– Entre 1990 e 1994 realiza documentais para o espazo “Abierto en Canal” de Canal Plus, Un asunto de mujeres, Mi vecino es un internauta, entroutros.
– En 1998 retorna ó Cine para dirixir a longametraxe de ficción SAÏD, rodada en Marrocos e España e cuxo tema é a inmigración clandestina en pateras.
– No ano 2000 dirixe LOLA VENDE CÁ, unha longametraxe ambientada na comunidade xitana asentada en Barcelona.
– No mesmo ano, realiza para Canal Plus o documental Francisco Boix, un fotógrafo en el infierno, sobre os españois mortos nos campos de concentración nazis.
– 2001 Max Aub, un escritor en su laberinto, longametraxe ficción/documental para TVE.
– 2002 Viure la música, mediometraxe documental para TV3
– 2003 Apuntes para una odisea soriana interpretada por negros. documental independente.
– 2004 Kenia y su familia, documental para Canal Plus/TV3
– 2004 Del Roig al Blau, longametraxe documental sobre a transición política en Valencia, por encargo da súa Universidade
– 2005 Por quién doblan las campanas en Calatañazor, documental independente sobre a rodaxe en 1965 nun pobo de Castilla da película Campanadas a Medianoche, de Orson Welles
– 2006 El viaje inverso, longametraxe documental sobre o tema da despoboación/repoboación do campo de Soria, por encargo do programa “Abraza la tierra”
– 2006 El hombre que sonreía a la muerte, documental independente sobre Ramón Sanpedro, o tetrapléxico galego que loitou polo recoñecemento da súa eutanasia.
– 2006 VIDA DE FAMILIA, longametraxe de ficción /telefilme/ para televisión, coproducia por TV3, Canal Sur e TVG.

Filmografía feita en Galicia:

Documentais:

SEMINARIO DE ARQUITECTURA EN COMPOSTELA.
XITANOS SEN ROMANCEIRO
CONDENADOS A BEBER (Alcoholismo en Galicia)
AUTOPISTA, UNHA NAVALLADA A NOSA TERRA.
O MONTE E NOSO
PEGADAS
ANTISALMO
A PONTE DA MORRIÑA
EL HOMBRE QUE SONREÍA A LA MUERTE

En 1993 realiza unha videoinstalación no Pazo de Fonseca de Santiago de Compostela, titulada 0H, SANTIAGO!

Algunhas das súas producións foron premiadas, entroutros, nos seguintes Festivais Internacionais:

– Festival Internacional de Cine Documental de Leipzig (Alemania, 1969),
– Festival Internacional Cine Documental de Bilbao (1976),
– Mostra de Cinema Mediterrani (Valencia 1998), Festival de Cine Español de Nantes (Francia, 1999), Festival de Cine Histórico de Pessac (Francia, 2000), Festival de Cine de Málaga (2000), Festival de San Francisco-USA (2000) entroutros.
– Francisco Boix, un fotógrafo en el infierno foi seleccionada nos Estados Unidos como finalista nos premios EMMY de Televisión, no apartado de mellor filme de fala non inglesa, ano 2000.
– En 2005 a súa longametraxe documental Del Roig al Blau recibe o premio Tirant, de Valencia á mellor película da industria valenciana deste ano.
– Como Director de Fotografía ten dous premios anuais da Generalitat de Catalunya, (1983 y 1993), ó mellor profesional.

PUBLICACIÓNS:

LLORENÇ SOLER publicou varios libros e manuais sobre teoría e técnica de Cine e Televisión, (editoriais Gustavo Gili y Cims), entre os que destacan:

– LA TELEVISIÓN, UNA METODOLOGÍA PARA SU APRENDIZAJE, (editorial GUSTAVO GILI,1984, descatalogado)
– LA REALIZACIÓN DE DOCUMENTALES Y REPORTAJES PARA TELEVISIÓN (editorial CIMS, Año 2000)
– LOS HILOS SECRETOS DE MIS DOCUMENTALES (Editorial CIMS, Año 2002)
– HISTORIA CRÍTICA Y DOCUMENTADA DEL CINE INDEPENDIENTE ESPAÑOL ENTRE 1950 Y 1975 (en colaboración con Joaquim Romaguera, de próxima aparición en Editorial Laertes, año 2006)

Traballa tamén no eido do xornalismo, a poesía (con dous libros de poemas publicados), a pintura (con dúas exposicións no seu haber) e o cómic (un álbum publicado).

DIDÁCTICA

Impartíu cursos, másteres e seminarios en varias Universidades de España e Portugal e en varias televisións. Actualmente, dirixe o MÁSTER SOBRE DOCUMENTAL E SOCIEDADE (2006) na Escola Superior de Cine e Audiovisuais de Catalunya (ESCAC).

Categoría: Novas
Etiquetas: