Publicamos a listaxe provisional de obras e profesionais inscritos nos XIX Mestre Mateo

5 / 01 / 2021

Seguindo o establecido nas bases dos Premios Mestre Mateo, poñemos á vosa disposición a listaxe provisional con todas as obras e profesionais inscritos nesta edición.

O período de alegacións ás candidaturas presentadas estará aberto desde hoxe, 7 de xaneiro, ata o vindeiro luns 11 ás 14:00 horas e nel, as socias e socios da Academia poderán presentar alegacións sobre as obras e profesionais inscritos en prazo e forma na XIX edición dos Mestre Mateo.

Unha vez recibidas as alegacións, a comisión de seguimento reunirase e revisará todas as candidaturas para, posteriormente, publicarar a listaxe definitiva. Para calquera dúbida ou aclaración podedes contactar coa oficina da Academia no teléfono 981 227 701 ou no correo premios@academiagalegeadoaudiovisual.gal.

Etiquetas: