Comeza o festival de cine ‘As Lúas de Amal’ en Santiago de Compostela coa proxección ‘Le grand voyage’, do director Ismaël Ferroukhi, no Salón de Actos do Hotel Meliá Araguaney a partir das 22:00h de esta noche.

Le grand voyage, una producción marroquí do ano 2004, conta a historia de Réda, un mozo que vive no sur de Francia e que ten que levar ao seu pai ancián á Meca para a tradicional peregrinaxe relixiosa. Desde o principio a viaxe preséntase complicada, xa que Réda e o seu pai non teñen nada en común. Sepáraos a lingua, a cultura e a relixión. Réda é un mozo moderno que non fala árabe e ao que lle importa moi pouco a profunda relixiosidade do seu pai.

 

A través de Italia, Serbia, Turquía, Siria, Xordania e Arabia Saudita, Réda e o seu pai relaciónanse o mínimo, pero a medida que a viaxe avanza, as súas aventuras e desventuras van achegando a pai e fillo, forzando o mutuo recoñecemento e reconciliación.

 

A película foi galardoada como Mellor Longametraxe de Ficción na edición de 2005 do Festival Amal. Tamén foi exhibida en festivais como o de Toronto ou Venecia.

 

A programación desta actividade, de entrada gratuíta, será elixida polo público que poderá votar a través da páxina web www.festivalamal.es entre diversas opcións. A película con máis votos, será proxectada na seguinte sesión de As Lúas de Amal.