FESTIVAL INTERNACIONAL DE VIDEOARTE ‘OPTICA 2010’

19 / 02 / 2010

A ‘Asociación Cultural Colectivo Interferencias’ convoca a sexta edición de ‘Optica’, o Festival Internacional de Videoarte. Poderán participar tódolos autores que o desexen, presentando unha única obra, realizada en soporte videográfico (analóxico ou dixital) en lingua española, ou noutras linguas con subtítulos en español.

Os traballos que se presenten ao festival non deberán superar os 20 minutos de duración. A temática e o xénero das obras será libre. Así, cada obra deberá presentarse en un DVD (formato NTSC o PAL), etiquetado co título, a duración e o autor;  acompañada da folla de registro.

 

ENVÍO

 

Para poder participar e ‘Optica 2010’, os candidatos deberán enviar as súas creacións por correo postal, ata o 18 de xuño. A Organización só aceptará as obras que se reciban no prazo indicado.

 

Máis información na web: www.opticafestival.com.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: