INICIO DO CICLO FORMATIVO AUDIOVISUAL DO FESTIVAL CARBALLO INTERPLAY

7 / 11 / 2014

Concello de Carballo oferta a través do festival Carballo Interplay un ciclo de formación audiovisual composto por 14 obradoiros impartidos por recoñecidos profesionais do audiovisual galego. Os obradoiros desenvolveranse dende este mes de novembro ate abril do ano vindeiro, mes onde terá lugar a nova edición do festival.  O custe de cada obradoiro é de 20 euros e a inscrición faise dende a páxina do festival. Xa está aberto o prazo de inscrición para os primeiros obradoiros, non quedes sen praza!.

Toda a info e formulario na web: www.carballointerplay.com

Categoría: Novas
Etiquetas: