INÍCIASE A XXI SEMANA DE CINE DE O BARCO DE VALDEORRAS

19 / 08 / 2011

Do 19 ao 30 de agosto vaise celebrar no Teatro Lauro Olmo da localidade de O Barco de Valdeorras a 21ª edición da Semana de Cine, organizada polo Cine Clube Groucho Marx da poboación, na que se van exhibir 11 obras, repartidas en tres ciclos. Porase á venta un abono para tódolos filmes por 25 euros, e outro para o ciclo infantil por 6 euros.

 

A Semana inclúe un apartado de cine español no que se van proxectar o filme Crebinsky (que abrirá a Semana o 19 de agosto, xunto á curta Estereoscopía, do autor local Xacio Baño), No tengas miedo, Doentes,  Amigos e Blackthorn. Nunha sección de cine de actualidade ofreceranse Midnight in Paris, El viaje del director de recursos humanos, Micmacs, Una mujer, una pistola y una tienda de fideos chinos e Un cuento chino; e nun ciclo de cine infantil, X-Men: Primera Generación, Winnie The Pooh, El equipo tigre, Los pingüinos del Sr. Poper e Cars 2. En paralelo, ata o 16 de setembro, a Galería Sargadelos mostrará unha exposición de xoguetes de latón e de bandas sonoras.

Categoría: Novas
Etiquetas: