CURTOCIRCUÍTO ATERRA NO CICLO BAIXO AS ESTRELAS

18 / 08 / 2011

Este venres 19 de agosto no programa de cine “Baixo as estrelas” proxéctanse en Ourense unha escolla do mellor do palmarés da última edición de Curtocírcuíto, Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago.

A partir das 23.00 horas na praza de San Martiño poderanse ver as seguintes curtas:

A CRIATURA PERDIDA
Ficha Técnica: 15 min | Dirección: Shaun Tan, Andrew Ruhermann | Guión: Shaun Tan | Produción: Sophie Byrne | Montaxe: Leo Baker | Música: Michael Yezerski  | Intérpretes: Tim Minchin
Sinopse: Un rapaz atopa unha estraña criatura na praia e decide buscarlle un fogar nun mundo no que toda a xente pensa que hai cousas máis importantes.

NA WÉWÉ
Ficha Técnica: 19 min | Dirección, produción e montaxe: Ivan Goldschmidt | Guión: Ivan Goldschmidt, Jean-Luc Pening| Fotografía: Guy Maezelle | Música: Jeremie Hakeshimana
Sinopse: 1994. Burundi (África Central preto de Ruanda) sofre unha guerra civil. Un enfrontamento que roza o xenocidio causa a rebelión do grupo étnico hutu contra o exército nacional tutsi.

RUBIKA
Ficha Técnica: 4 min | Dirección: M Vaxelaire, C Roux, F Rousseau, Chao Ma, J Legay, M Krebs, L Habas, C Baudean | Guión: Guillaume Plantevin | Música: Erik Weddin
Sinopse: Benvidos a Rubika, un planeta cunha gravidade abraiante. O que ben podería ser o argumento dun filme de ciencia ficción e que conta cun final espectacular, como non podería ser doutro modo…

DE CABEZA Á PATERNIDADE
Ficha Técnica: 8 min | Dirección e produción: Gennady Fadeev | Guión: Nadejda Sudakova | Fotografía: Nina Zaitseva | Música: Alexey Karpov
Sinopse: Un só movemento instintivo convértete en pai. Orixinal e aloucada interpretación deste pensamento, convertido nunha curta na que o actor principal é un neno dun ano de idade.

MÓBIL
Ficha Técnica: 10 min | Dirección, guión e montaxe: Verena Fels | Produción: Franziska Specht, Regina Welker | Música: Stefan Hiss | Intérpretes: Nina Göldner, Falko Paeper, Jens Schmelzle, Regina Welker
Sinopse: Unha vaca afastada da sociedade toma o control do seu propio destino e ponse en movemento.

MWANSA O MAGNÍFICO
Ficha Técnica: 23 min | Dirección, guión e produción: Rungano Nyoni | Fotografía: Andrzej Krol | Montaxe: Gabriel Gauchet, Rungano Nyoni | Intérpretes: Mwansa Bwalya, Anna Mithi, Samuel Mwale
Sinopse: Mentres tenta demostrar que é un heroe, Mwansa rompe sen querer a boneca de barro da súa irmá Shula. Finalmente, acaba arranxando a boneca e demostrando que é “Mwansa o Grande”.

COUSAS QUE É MELLOR NON MESTURAR
Ficha Técnica: 2 min | Dirección, guión e montaxe: Joost Lieuwma | Produción: Jiek Weishut | Música: Jorrit Kleijnen, Alexander Reumers
Sinopse: Unha breve e divertida curta de animación con personaxes do máis diverso. Toda unha serie de cousas que será mellor non mesturar pero que, irremediablemente, acaban por entrar en contacto entre si.

AZUCRE
Ficha Técnica: 8 min | Dirección e guión: Jeroen Annokkée | Produción: Gertjan Langeland, Sander Verdonk | Montaxe: Marc Bechtold | Intérpretes: Ron de Groen, Roel Goudsmit, Bert Hana, Marije Uittenhout, Arthur Veen
Sinopse: Klaasjie, a veciña de abaixo, sobe a pedir unha cunca de azucre lixeira de roupa, unha situación cun posible desenlace sexu

Sobre Curtocircuíto

Curtocircuíto nace en 2004 coa intención de potenciar e premiar a creación audiovisual no eido da curtametraxe. Continuando con ese mesmo espírito, Curtocircuíto é hoxe un acontecemento máis alá da competición: xornadas temáticas de curtas Na Rúa, o concurso de guións Compostela Plató, amáis de obradoiros e mesas redondas con persoeiros do mundo audiovisual.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: