INÍCIASE UN CICLO DE CINE GALEGO NA BIBLIOTECA PÚBLICA ANXEL CASAL EN SANTIAGO

16 / 09 / 2011

A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia organiza, do 15 de setembro ao 13 de outubro, un ciclo de cine galego na Biblioteca Pública Anxel Casal en Santiago de Compostela, co obxectivo de impulsar a difusión da produción audiovisual galega. Intégrano cinco títulos.

A obra que estreou este ciclo de cine galego , 15 de setembro, é o documental Neira Vilas. Memorias de un neno labrego, de Ismael González Díaz (2002). Seguirano os filmes Galatasaray-Depor, de Hannes Stöhr (2004), o 22 de setembro; El año de la garrapata, de Jorge Coira (2004), o 29 de setembro; Romasanta, la caza de la bestia, de Francisco Plaza (2004), o 6 de outubro; e Trece campanadas, de Xavier Villaverde (2002), o 13 de outubro. Tódalas películas proyectaranse ás 19:00 horas, no Salón de Actos.

A programación deste ciclo foi posible grazas á colaboración do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), que conta cun servicio de préstamo gratuíto de producións audiovisuais das que a Xunta de Galicia ten dereitos de difusión cultural, ou películas que foron recuperadas e restauradas pola propia entidade. Este servicio está dirixido a institucións e asociacións, como a Biblioteca Pública Anxel Casal, que desenvolven actividades sen ánimo de lucro y co obxectivo de difundir a produción audiovisual galega.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: