INAUGURACIÓN DO CURSO EN IMAXE E SON COA PRESENTACIÓN DO LIBRO ” MANUAL PARA REPORTEIROS”

15 / 09 / 2011

O venres 16 de setembro ás 12 do mediodía, a Escola de Imaxe e Son inaugura o curso coa presentación do caderno número sete da colección de monografías didácticas editadas polo centro. Escrita polo profesor Nacho Romero aparece baixo o título de  “Manual para reporteiros”. 

A  publicación conta coa colaboración de varios ex alumnos que hoxe traballan como reporteiros gráficos en medios de comunicación de Galicia e no extranxeiro. Entre eles están Juan Varela e Fran Martínez (La Opinión), Carmen Valiño (colaboradora freelance dos periódicos de ingleses The Daily Telegraph e Thelondonpaper de axencias de prensa Camera Press, National News and Pictures e Press Association), Javier Quintana e Amador Lorenzo (El Ideal Gallego) e José Carlos Pérez “Cabalar” (EFE).
Posteriormente, celebrarase unha mesa redonda, moderada por Nacho Romero, na que participarán Ángel Cordero (profesor da EIS), Juan Varela, Fran Martínez, Javier Quintana y José Carlos Pérez “Cabalar”.

Este acto abre a primeira das actividades que se convocarán ao largo do curso académico na escola de Imaxe e Son.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: