“INEVITABLE” DE JORGE ALGORA COMPETIRÁ EN SECCIÓN OFICIAL NO FESTIVAL DE MÁLAGA
“Inevitable” dirixida por Jorge Algora, cun elenco de actores de gran prestixio como Federico Luppi, Darío Grandinetti, Mabel Rivera, Antonella Costa e Carolina Peleritti, competirá pola Biznaga de Ouro na décimo sexta edición do Festival de Málaga.
A película presentarase o mércores 24 de abril a medios e público. Ao festival asistirán o director Jorge Algora e a actriz Mabel Rivera (ganadora dun Goya por Mar dentro).
SINOPSE:
Fabián (Darío Grandinetti), traballa como executivo nun banco. Trala morte dun compañeiro de traballo, entra en crise.
Mariela (Carolina Peleritti), a súa muller, é psicóloga e ten como paciente a Olga (Mabel Rivero), unha muller amargada que trata de envorcar a súa frustración sobre a terapeuta.
Fabián coñece a un famoso escritor cego (Federico Luppi), que intenta axudarlle. Guiado polos seus consellos, Fabián forza unha relación con Alicia (Antonella Costa), unha moza escultora, á que ve como o seu amor inevitable.
“Inevitable”, é unha produción de Adiviña Producións, Zarlek Producións e Televisión de Galicia.
A música da película corre a cargo de Berrogüetto ,unha das formacións de world music máis importantes do mundo e unha das marcas galegas que funcionan no mercado internacional, pola súa mestura de paixón pola tradición musical e a experimentación na contemporaneidad. Berrogüeto estará presente tamén no festival de Málaga ofrecendo un concerto o mesmo día 24.
Grazas á colaboración da ONCE, será a primeira vez que o Festival programe en Sección Oficial a concurso un pase especial accesible, con audiodescrición da película, para persoas con discapacidade visual.
A audiodescrición consiste na descrición oral referente á ambientación, vestiario, accións e xestos dos personaxes, aspectos que son recibidos polos espectadores con discapacidade visual presentes na sala a través de auriculares inalámbricos.