GALA DE ENTREGA DE PREMIOS “CHÁMALLE COMO QUEIRAS”

1 / 07 / 2010

 

Como colofón á campaña de promoción turística Ferrol-Ortegal-Eume a través do audiovisual promovida pola Deputación da Coruña durante o 2010, o equipo de Mr. Misto convida a asistir á Gala de entrega de premios que terá lugar mañá, venres día 2, ás 20 horas no Pazo da Cultura de Narón. 

A campaña Chámalle como queiras orientouse á participación cidadá en diversos proxectos realizados durante todo o ano para a promoción de este entorno singular divididos en distintas categorías. A gala acollerá a tódolos participantes nas diferentes actividades, celebrando a entrega de premios cunha presentación destes traballos.

Entre as modalidades de proxectos, unha serie de realizadores e directores cinematográficos participan na campaña. Por outra banda tamén se realizou un concurso aberto a través de Internet para os centros escolares para mozas de entre 12 e 17 anos, e outra categoría para maiores de 18 anos de maneira libre con opción a interesantes premios. 

No marco da Campaña programáronse unha serie de obradoiros de iniciación á curtametraxe de ficción e documental en Mugardos, Ferrol e Santa Comba de as Covas, onde se realizaron distintas pezas audiovisuais, así como unha Maratón de vídeo, no que nun día os participantes realizaron os seus vídeos express para entrar a concurso. 

No conxunto de actividades de fin de festa presentaranse e premiaranse os distintos traballos, ofrecendo a oportunidade de visionar todos eles, cun fin de festa musical coa participación dos grupos Fuckin’ Funky e Roger de Flor, que estará precedido dun catering. 

Categoría: Novas
Etiquetas: