A Concellería cultura e festexos do Axuntamento de Noia, convoca a XII Mostra de Curtas “Vila de Noia” 2010, que se celebrará entre o 26 de novembro e o 5 de decembro de 2010 e outorgará preto de 9000 euros en premios entre os participantes.

Poderán participar todalas producións que o desexen, profesionais ou amateurs, realizadas dende o 1 de xaneiro de 2009. As obras a concurso han de estar realizadas preferiblemente en galego ou castelán. As curtas realizadas noutra lingua diferente das dúas anteriores, deberán incluir obligatoriamente subtítulos en galego ou castelán. Cada autor poderá presentar a concurso un máximo de tres obras, en soporte DVD ou 35mm, únicos formatos admitidos para a mostra.

A mostra repartirá case 9000 euros en premios, outorgados por xurado, repartidos nas siguintes categorías: mellor curtametraxe en 35mm, mellor curtametraxe en vídeo, premio Naraciones Extraordinaria; mellor guión, montaxe, animación, dirección, actriz e actor; mellor curta comarcal, e un premio especial do público se concederá mediante a votación dos asistentes á mostra durante as xornadas que dure a mesma.