Mamen Quintas, directora xerente de Ficción Producciones, e Dani de la Torre, director da película de tv “Mar Libre”, asisten en representación da Produtora e de TVG respectivamente á 17 edidición do Shanghai TV Festival, na que compite polo Premio Magnolia, precisamente, a miniserie dirixida por Dani de la Torre, “Mar Libre”, producida por ámbalas empresas. O Festival comeza o luns día 6 e remata o vindeiro 10 de xuño, data na que saberemos se esta miniserie galega sumará un galardón máis á súa trunfante traxectoria en distintos festivais de carácter internacional. A miniserie “Mar Libre” compite dentro da categoría  Talking to the wind, Falando co Vento.

O Shanghai TV Festival, que comezou en 1986, é un dos poucos festivais no mundo no qu se dan cita a combinación de premios, o mercado de programas e foros nunha mesma plataforma. Este Festival, precisamente, é unha das plataformas internacionais máis importantes na industria da televisión asiática. A través de 20 anos de construción de marca, STVF estivo aproveitando os recursos acumulados para promover a cooperación internacional, mantendo a súa característica visión de futuro e o perfil global. O festival pretende mellorar os seus servizos profesionais e ampliar a súa popularidade. Cunha base sólida, STVF adoptou a innovación e os cambios ao mesmo tempo que obter unha reputación a nivel mundial na industria.

Lembramos que a miniserie MAR LIBRE, producida por Ficción Producciones y TVG, ven  de ser seleccionada tamén noutro  Festival Internacional, nsta ocasión, o Banff World Media Festival, que se celebra en Canadá do 12 al 15 de xuño próximo, no Fairmont Banff Springs Hotel, en Banff. Este  Festival contará coa presencia de broadcasters internacionais, produtores, guionistas, directores, distribuidores e executivos da industria da televisión e os medios dixitales de 25 países.