SEMANA INTERNACIONAL DE CINE SUBMARINO

3 / 11 / 2015

A Semana Internacional de Cine Submarino de Vigo pretendeu sensibilizar á comunidade universitaria e á sociedade da importancia que o medio mariño ten para o futuro. Un total de seis documentais -catro internacionais e dous galegos-, conformaron o programa da XXIV edición que acolleu a estrea mundial do documental ” Islas Desafortunadas: el Chile más salvaje” de National Geographic e a exhibición de “Mar dun bosque encantando” do galego Jorge Candán, vencedor no Festival de San Sebastián.