CINEUROPA

3 / 11 / 2015

Máis de 220 películas repartidas en 25 seccións conformaron a XXVIII edición do terceiro festival de España, Cineuropa, que reuniu ao mellor cine independente da tempada. Na sección oficial puidéronse ver filmes que pasaron por Cannes, a Berlinale, a Seminci, Locarno ou San Sebastián dos directores Bonello, Mike Leign, os irmáns Dardenne ou Roy Andersson.

Destacar o ciclo sobre o 25 aniversario da caída do Muro de Berlín, o que versa sobre o cine na República Democrática Alemana ou o que recolle o ascenso e caída do novo Hollywood, así como os tributos a Lauren Bacall, Robin Williams, Philip Seymour Hoffman e Eli Wallach.

A programación complétase con concertos como o que ofreceu a Real Filharmonía de Galicia poñendo música en directo ao filme “La quimera del oro” de Chaplin, e actividades complementarias entre as que destacan as conferencias de Borja Cobeaga, Marcos Ordóñez ou Javier Rebollo.