O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal colaborará coa I Mostra de cine sobre Palestina que terá lugar durante todos os xoves do mes de Maio nas Palmas de Gran Canaria. É unha mostra organizada por Mulleres pola paz e Acción solidaria con Palestina na que se exhibirán 4 producións de temática árabe. O Festival Amal colabora con dita mostra presentando unha das longametraxes documentais que formaron parte da selección oficial de películas da pasada edición, “A estrofa de Gaza”. Trátase dun documental dirixido por Samir Abdallah e Kheridine Mabrouk no que os directores viaxan a Gaza para informarse da situación de Guerra que viviron os seus habitantes. Grazas á súa amizade con delegados palestinos de Dereitos Humanos, descobren a magnitude da catástrofe. Recollen testemuños de decenas de vítimas da Guerra de Israel contra Gaza que levan todo o máis profundo do pesadelo que viven os pobos.

As proxeccións desta I Mostra de cine sobre Palestina serán os xoves 10, 17, 24 e 31 deste mes de Maio nos Multicines Monopol de Las Palmas de Gran Canaria (P. Furtado de Mendoza 1 Vegueta), ás 20,30 h da tarde.

PROGRAMACIÓN:

XOVES 10 DE MAIO: “A cor das oliveiras”, de Carolina Rivas. Palestina / México

XOVES 17 DE MAIO: “O regreso”, de Gustavo Gil. Palestina / España

XOVES 24 DE MAIO: “Domicilio privado”, de Saberio Costanzo. Italia

XOVES 31 DE MAIO: “A estrofa de Gaza”, de Samir Abdallah e Kheridine Mabrouk. Francia / Palestina. Entrada de balde.

Máis info: www.festivalamal.es