O FESTIVAL DE CINE EUROÁRABE AMAL BUSCA VOLUNTARIOS

20 / 09 / 2011

Coma en anteriores edicións, o Festival de cine Amal recruta a un exército de voluntarios para que a semana na que se desenvolve o festival todo sexa perfecto. Nesta edición, que terá lugar do 24 ó 29 do próximo mes de outubro, e tras 8 anos de experiencia, a intención é que se implique o maior número de xente posible para que o festival se manteña vivo e fresco, se consolide ano a ano y continúe sendo un dos mellores festivais de cine euroárabe do mundo.

¿Quén pode ser voluntario do Festival? Calquera persoa maior de 18 anos e que durante a semana na que se desenvolve teña disponibilidade de horarios. Isto non quere dicir que teña que estar as 24 horas do día disponible. Os voluntarios farán turnos de mañán, tarde ou noite.

O perfil dos voluntarios. A experiencia nos di que os voluntarios de Amal son mozos maiores de 18 anos, normalmente estudantes universitarios ou de FP. Pero tamén xente en paro con ganas de facer cousas e xubilados. Canta máis xente, mellor.

¿Cal é o traballo dun voluntario no Festival? No Festival Amal desenvólvense labouras de todo tipo. Dende organizativas, ata audiovisuais, de tradución, prensa, trabállase con páxinas web, programas de deseño para publicar un dossier coas actividades diarias, animadores para controlar as actividades paralelas ó Festival (como é o obradoiro de cine árabe para nenos).

¿É requisito indispensable ter coñecementos de cine? Non é necesario ser ningún experto en cine, xa que no seo do Festival non se desenvolven únicamente actividades arredor do sector cinematográfico. Todo o mundo pode colaborar en Amal. O único requisito é ter ganas de pasar una semana rodeado de xente que quere aprender e saber algo máis sobre os recunchos dun Festival de cine a nivel internacional. Fai falta xente interesada en: deseño gráfico, informática, tradución, prensa, montaxe e edición de video e audio, cámaras, relación públicas… ou, simplemente, en coñecer xente nova.

¿Cales son os beneficios de ser voluntario de Amal? Ser voluntario de Amal supón obter de balde una experiencia nun eido tan importante como é un festival de cine a nivel internacional. Durante a semana do evento vívese rodeado de directores e guionistas de cine de todo o mundo, sobre todo do árabe. Ademáis, colaborar con Amal é una posta en contacto directo con xente experta en varios sectores; dende o xornalismo, ata o deseño gráfico, informática, o mundo da arte e, sobre todo, do cinema.

¿Que se aprende sendo voluntario no Festival Amal? Colaborar con amal supón introducirse de cheo na cultura árabe. Grazas ós filmes que se proxectan durante o Festival e ás actividades paralelas (xornadas gastronómicas de cociña árabe, obradoiros de cine para nenos ou clases de danza árabe), os voluntarios de Amal poderán adquirir una gran experiencia en todos estes ámbitos.

¿Por qué se precisan voluntarios fora de Santiago? Para “Amal Experimental”, unha actividade que consiste na proxeción de 8 curtametraxes de Amal en diferentes museos e centros de arte contemporánea de Galicia. O ciclo contará coa colaboración do CGAC (Santiago de Compostela), do MARCO (Vigo), do MACUF (A Coruña), do Centro Cultural e Sala de exposicións Edificio Simeón (Ourense) e do Museo Provincial (Lugo), museos nos que terán lugar as proxecións, gratuitas e abiertas, durante a semana oficial.

O Festival desenvolverase entre os días 24 e 29 de outubro. Serán máis de 30 proxeccións. Ademáis de bo cine, o Festival reforzou a súa oferta de actividades co obxectivo de achegar o máximo posible a cultura árabe a Santiago de Compostela. Haberá exposicións, concursos, obradoiros de cine para os máis cativos, clases de música e de baile, así coma de caligrafía. E, como xa ven sendo habitual, o Restaurante Caney celebrará a Semana de cociña Árabe.

 

Os INTERESADOS deberán enviar CV+FOTO+ÁREA DE INTERESE (RRPP, Informática, Animadores, Prensa, Deseño Gráfico, Traducción, Montaxe de video, Cámaras) a: formacion@araguaney.com

 

Categoría: Novas
Etiquetas: