• A Orquesta Sinfónica de Galicia ofrecerá un gran concerto o 1 de decembro en Narón no que interpretará algunha das principais partituras para cine e televisión de Velázquez, referente no Estado, e máis dalgúns destacados compositores galegos.
  • A partir do 27 de novembro haberá obradoiros e masterclass para profesionais da música, a maioría de acceso gratuíto.

CdC_171114_04

O Palacio da Ópera acolleu esta mañá a presentación da segunda edición da Semana das Músicas do Audiovisual, un festival singular organizado pola Academia Galega do Audiovisual e pola Orquestra Sinfónica de Galicia coa intención de dar protagonismo ás músicas para cine, televisión e outros medios audiovisuais, difundindo as mellores composicións en cada xénero e ampliando a formación de profesionais e persoas interesadas en eidos como composición, produción e interpretación dun tipo de música que todo o mundo escoita, pero que non sempre consegue a atención directa do ouvinte. Esta segunda edición celebrarase dende o 27 de novembro ata o 1 de decembro na Coruña, Compostela e Narón, baixo a batuta do compositor Nani García. A maioría das actividades serán de acceso gratuíto, previa reserva.

A Orquesta Sinfónica de Galicia ofrecerá en Narón o venres 1 de decembro un gran concerto no que interpretará algunha das principais partituras para cine e televisión escritas en Galicia durante os últimos anos por compositores como Xavi Font, Manuel Riveiro, Arturo Kress ou o propio Nani García. O concerto e a semana adicará este ano una especial atención á figura de Fernando Velázquez, autor referecial do Estado, que dirixirá o concerto, incluíndo algunhas das súas obras no programa, e que participará de forma moi activa durante a semana, levando a cabo a gravación aberta aos académicos e profesionais, dunha banda sonora coa Orquestra Sinfónica de Galicia e participando nun encontro aberto ao público do mundo da música de cine.

A outra pata fundamental da Semana das Músicas do Audiovisual serán, segundo adiantou esta mañá o seu director artístico, Nani García, os obradoiros e masterclass para profesionais ou especialistas da música, impartidos ao longo de toda a semana por Luis Ivars, Oscar Araújo, Vanessa Garde e Juanjo Molina.

Carlos Ares, presidente da Academia Galega do Audiovisual, recordou esta mañá que “a música de calquera peza audiovisual é imprescindible”, mentres que a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, asegurou que “a unión de música e cinema é algo que nos acompaña sempre”. “Ás veces”, salientou, “non lembramos unha película, pero si a súa banda sonora”.

O concelleiro de Culturas da Coruña, Xosé Manuel Sande, destacou o labor da Orquestra Sinfónica de Galicia e da SEMUA, á hora de combinar cinema e música, como “parte desa reflexión sobre a arte que gravita sobre todo isto”. “Actividades así”, concluíu, “son fundamentais para poder entender o noso propio mundo creativo”. Andrés Lacasa, polo súa banda, puxo o foco na participación de Fernando Velázquez, “un dos compositores novos con máis proxección”, cuxa estadía en Galicia se aproveitará para gravar coa OSG a banda sonora dun dos seus próximos filmes, Os futbolísimos.

Finalmente, Luciano Fernández agradeceu que a través desta iniciativa “poderá achegarse da mellor maneira a música á cidadanía de Narón”. Goretti Sanmartín recordou que o concerto do 1 de decembro será, tamén, o da estrea da cuncha acústica do Pazo da Cultura de Narón, polo que “será un momento moi especial”.

Decarga o programa (pdf)