FANTASIO, VENTANA ON LINE DE CONTIDOS AUDIOVISUAIS

1 / 12 / 2011

A Escola de Imaxe e Son de Vigo e Producciones Vigo crearon a plataforma “Fantasio” para a divulgación e exhibición de calquera obra audiovisual galega, para dar a coñecer os traballos realizados polos profesionais galegos do audiovisual e promocionalos por medio das redes, acceso a fichas técnicas e artísticas.

Pretenden continuar co traballo comezado no seu día por Flocos.tv e de forma gratuíta ceder a tódolos profesionais esta nova plataforma.

Máis información en www.fantasio.es ou a través do e-mail fantasio@produccionesvigo.net

 

Categoría: Novas
Etiquetas: