O vindeiro martes 27 de maio ás 20:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra celebrarase a estrea da curtametraxe “Canción sen emoción” de David Pardo. Ademais da proxección da curta, terá lugar unha charla-coloquio co director.
“Canción sen emoción” é unha historia onde a realidade e os soños parecen irreconciliables. O desexo e a frustración son inseparables pero cando soñamos pode ser diferente…

Esta é a cuarta curtametraxe de David Pardo para a que contou co traballo de actores como Adela somoza, Jose Barato, Rocío González, Xosé M. Esperante e Ana Ojea. A rodaxe levouse a cabo durante catro días entre Vigo e Santiago. Trátase dunha produción totalmente independente que non contou con ningún tipo de subvención económica.