O vindeiro venres, día 10 de outubro ás 20.30 terá lugar en Vigo a estrea de Narci, a última curtametraxe producida polo binomio Samthing Visual e Igual Arte. O Auditorio Abanca (C/Marqués de Valladares s/n, Vigo) acollerá o evento.

Sobre Narci

Narciso é unha persoa normal. Está casado e ten un fillo e un can. O seu tempo libre adícao a colaborar con causas xustas. E nunca dixo unha mentira ao longo da súa vida. Entón, ¿Por qué unha noite ao regresar a casa xa non hai ningúen esperándoo? Narci é unha historia sobre os olvidos, a redención, a espiritualidade e as bromas de mal gusto.

O guión de Narci foi escrito por estudantes de Igual Arte. Así mesmo, na rodaxe participaron outros membros da Fundación exercendo función técnidas.

Atraídos pola orixinalidade da historia, embarcáronse na curta actores da talla de Javier Gutiérrez, Celso Bugallo, Anna Ycobalzeta, Manu Polo ou Uxía Blanco.