CONECTA 2014, XORNADA DE ENCONTRO ENTRE CREADORES

2 / 10 / 2014

Ábrese o prazo de inscrición para o Conecta 2014 que se celebrará o sábado 8 de novembro na sede da Fundación SGAE de Santiago de Compostela.

Conecta volverá ser unha xornada de encontro entre creadores na que poderán poñer en común os seus proxectos e a súa experiencia. É por iso que existen dúas modalidades de inscrición segundo o que se procure: incorporar opinións e profesionais que complementen as ideas propias ou simplemente coñecer proxectos e xente interesante. O obxectivo non é outro que o de poñer en contacto a directores e guionistas arredor das historias que queren contar para facelas medrar en calidade e efectivos.
O formato é o de pequenas entrevistas individuais de media hora de duración nas que compartir cara a cara opinións, ideas e consellos que permitan mellorar os proxectos na fase na que se encontren e recoñecer posibles compañeiros de viaxe para a súa posta en marcha.

Este ano o proceso do Conecta complementarase ademais cun seminario de pitching audiovisual impartido por Paco Rodríguez, un dos maiores especialistas na materia no noso país. Celebrarase o 22 de outubro, de 10 a 14 horas e informarémosvos puntualmente do proceso de inscrición.

Adxunto un dossier con toda a información e a ficha de inscrición neste Conecta 201.
Tamén podedes consultar todo sobre o Conecta no seguinte enlace
http://crea.gal/actividades/conecta/

Tedes ata o 24 de outubro para apuntarvos co voso proxecto ou simplemente co voso interese.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: