ESTREA DA CURTA “calcetín(e)s”

10 / 05 / 2011

Mañá mércores 11 de maio, ás 19.00h no salón de actos da Fundación Caixa Galicia, os cinco protagonistas da Asociación Aspronaga estrean a “súa” curta.

Manolo, Amparo, Miguel, Mireya e Eva, presentarán a “súa” curta a nós. Non queren que a súa historia quede nun caixón, queren verse na TV, no cine, en Internet…

Viviron todo o proceso comprendendo, e sen protestar, cada unha das tomas, dos cambios e dos ensaios. Improvisaron cando era preciso e criticaban a letra cando se escribía unha frase na táboa de apoio.  Puxeron a proba os nervios do equipo, provocando risas e sorrisos. Teñen claro que o cine é ficción e actúan, pero non con máis intensidade que todo o que fan.

Cóntannos coa súa curta unha historia de amor e desamor, de recordos, dea mistade e de.. “calcetíns”. É o eixo central, que non o obxectivo, dun proxecto máis amplo que se desenvolveu durante varios meses grazas á colaboración da produtora enimaXes e a asociación Aspronaga. Coa presentación da curta, o proxecto Máscaras entran a fase de prosprodución para a súa presentación oficial.

Categoría: Novas
Etiquetas: