ESPECIAL DE NADAL DE CASAMOS!

21 / 12 / 2012

As historias de amor….todas teñen algo especial. Emociónanos, fannos rir e en ocasións mesmo chorar. No especial de Nadal visitamos a catro parellas que cambiaron as súas vidas desde a súa participación en Casamos! Mañá, sábado 22 de decembro a partir das 22.30 Compartiremos con eles os últimos preparativos destas festas tan sinaladas mentres nos contan como lles foi a vida dende a súa voda.

Choli e Dani prepáranse para a procura do agasallo perfecto para os máis pequenos da casa. Pamela e Pablo, cun novo membro na familia, vivirán a súa primeira Noiteboa como pais. Marola e Xosé Manuel converten o Nadal nunha celebración da amizade, e Kathy e Juan están cheos de novos proxectos e ilusión para o ano novo. Así que fagan coma eles, déixense levar polo espírito do Nadal e boas festas!

Producido por Zenit Televisión e a produtora El Progreso, “Casamos!” consolidouse na grella durante todo o ano 2012, como un dos espazos máis vistos da TVG. A edición de “Casamos!” busca parellas. Aquelas que estean interesadas en participar poden facelo chamando ao 660.381.182 ou enviando un e-mail a casamos@crtvg.es

Categoría: Novas
Etiquetas: