Comeza a primeira rolda de votacións dos XVII Premios Mestre Mateo

Hoxe comeza a primeira rolda de votacións da XVII edición dos Premios Mestre Mateo. Dende este momento e ata o 3 de febreiro, os académicos e académicas elixirán cos seus votos a 4 finalistas en cada unha das vinte e cinco categorías. Aquí podedes consultar a listaxe definitiva das candidaturas aos #MestreMateo19, da que forman parte máis de 400 candidaturas e 167 obras(das cales 9 son longametraxes, 28 documentais, 6 series de televisión, 11 series web, 27 programas de televisión, 32 curtametraxes de imaxe real, 6 curtametraxes de animación, 12 anuncios publicitarios e 32 videoclips). Adiantámosvos que os premios se entregarán nunha gala que se celebrará o próximo 2 de marzo no Palacio da Ópera da Coruña. Moita sorte a todas e a

As historias do audiovisual en Galicia protagonizan os Papeis da Academia 2018

A memoria anual da Academia Galega do Audiovisual, coñecida como Os Papeis da Academia, publícase hoxe con textos de María Yáñez, Brais Romero, Cibrán Tenreiro e fotos de Tamara de la Fuente en formato revista web que se pode consultar en papeisdaacademia.org. Un dos temas de portada desta publicación -centrada na historia do audiovisual en Galicia- é unha reportaxe que xira arredor de Pilar Sueiro, Marta Villar, Luisa Veira, Beatriz Legerén, Margarita Ledo e Encarna Alonso, mulleres que desde distintos ámbitos técnicos e artísticos, e tamén desde a produción e a investigación, foron imprescindibles nos inicios do cinema e a televisión en Galicia. Outro tema de portada é a conversa que Brais Romero mantén con tres investigadores que comezaron a súa labor académica nesta década: Marta Pérez, Isabel Sempere e Iván Villarmea, na que falan de identidade, subsistencia, difusión e, sobre todo, cinema galego. A esta entrevista súmanselle tamén voces como a de

Importante presenza galega nos Premios Goya e nos Premis Gaudi

A Academia Galega do Audiovisual celebra a importante presenza de proxectos e de profesionais do audiovisual galego entre os finalistas aos Premios Goya e aos Premis Gaudi que veñen de publicar a Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España e mais a Acadèmia del Cinema Català, respectivamente. Entre os finalistas aos Premios Goya atópansese Javier Gutiérrez, candidato a Mellor actor, por Campeones; e Luis Zahera, a Mellor actor de reparto, por El reino. La sombra de la ley é candidata a Mellor dirección de fotografía, Mellor dirección artística, Mellor deseño de vestiario, Mellor maquillaxe e perruquería (Noé Montes e Raquel Fidalgo), Mellores efectos especiais e Mellor música orixinal (Manu Riveiro). Desenterrando Sad Hill a Mellor película documental; Memorias dun home en pixama a Mellor filme de animación; Soy una tumba a Mellor curtametraxe de animación; e Matria a Mellor curtametaxe de ficción. Memorias dun home en pixama compite

Ábrese o prazo para participar nos III Premios María Luz Morales

A Academia Galega do Audiovisual e as catro deputacións galegas premian, un ano máis, a excelencia na investigación científica no ámbito audiovisual convocando a segunda edición dos premios María Luz Morales. As persoas interesadas en participar nesta iniciativa, poden presentar os seus ensaios escritos e/ou os seus videoensaios sobre temática galega ou internacional dende hoxe mesmo ata o próximo 17 de marzo a través do correo-e inscricions@academiagalegadoaudiovisual.gal, segundo recollen as bases que xa están publicadas na web da Academia. Os traballos gañadores recibirán un galardón e 1.200 euros o vindeiro mes de abril nun acto que se desenvolverá na provincia de Ourense. Así o anunciaron esta mañá na rolda de prensa de apertura de convocatoria, que se levou a cabo no marco do Festival de Cine Internacional de Ourense, Miguel Mariño -director da Academia Galega do Audiovisual- e Xosé Manoel Rodríguez -responsable de publicacións do OUFF-. Mentres que este

La Academia Gallega del Audiovisual y el CGAI recuperan la figura del cineasta gallego Horacio Valcárcel con la proyección de Miguelín

Esta película del recientemente fallecido director y guionista de Rábade consiguió el Gran Premio del Festival Mundial de Cine para la Juventud de Cannes en el año 1964 El guionista y productor Pepe Coira presentará y coordinará el coloquio de la nueva sesión del ciclo de proyecciones A ilusión es perfecta, que tendrá lugar el martes 11 de diciembre a partir de las 20h30 Miércoles, 14 de noviembre de 2018.- La Academia Gallega del Audiovisual (AGA) y el CGAI-Filmoteca de Galicia proyectarán el primer  y único largometraje del cineasta gallego recientemente fallecido Horacio Valcárcel, Miguelín, con la que consiguió el Gran Premio del Festival Mundial de Cine para la Juventud de Cannes en el año 1964 y que también fue exhibida en el Moma de Nueva York al año siguiente. Será el martes 11 de diciembre, a las 20h30, dentro del ciclo de proyecciones A Ilusión é perfecta, que tiene como objetivo recuperar, reivindicar y recordar personas y obras que, por

A AGA organiza un GIFATON na procura de novas formas de difusión do patrimonio audiovisual galego

A entidade celebra o 24 de novembro no Centro Ágora da Coruña un obradoiro de micronarrativas que culminará coa creación dun repositorio de GIFs de obras senlleiras da historia do audiovisual galego, partindo de obras gañadoras dos Premios Mestre Mateo e de películas clásicas conservadas no arquivo do CGAI - Filmoteca de Galicia A Coruña, 5 de novembro de 2018.- A Academia Galega do Audiovisual celebra o vindeiro 24 de novembro, no Centro Ágora de A Coruña, o obradoiro de micronarrativas GIFATON. Novos formatos de difusión do patrimonio audiovisual galego, que culminará coa creación dun repositorio de GIFs de obras senlleiras da historia do noso audiovisual, partindo de obras gañadoras dos Premios Mestre Mateo e películas clásicas conservadas no arquivo do CGAI-Filmoteca de Galicia. A comunicación en internet está cada vez máis encamiñada ao formato visual e, na actualidade, os GIFS animados constitúen, en si mesmos, un novo formato de

Abierto el plazo de inscripción para los premios XVII Mestre Mateo

La Academia Galega do Audiovisual abrió esta mañana el plazo de inscripción para los XVII Premios Mestre Mateo, que reconocerán las obras gallegas estrenadas en el año 2018 y los profesionales que trabajaron en sus distintos aspectos técnicos y creativos. Las y los profesionales que quieran participar pueden inscribir sus trabajos desde hoy y hasta el próximo 20 de noviembre a través de la web de la Academia Galega do Audiovisual. Aunque no hay modificaciones sustanciales con respeto a las bases del año pasado, sí que se incorporaron algunos pequeños cambios por lo que os recomendamos leerlas atentamente y, si tenéis alguna duda, por favor contactad con la oficina a través del mail premios@academiagalegadoaudiovisual.gal o llamando a los teléfonos 981 227 701 y 981 208 393 de lunes a jueves, en horario de 9h a 17h, y los viernes, de 9h a 15h. La apertura de inscripción es el primer paso de un proceso de selección que contará con dos rondas de votaciones, la

O Ágora convértese na nova sede da Oficina de Cooperación Audiovisual (ACO) e da Academia Galega do Audiovisual

Comeza un ambicioso plan formativo que nos próximos meses estará protagonizado polos contidos 360, a realidade virtual ou a visibilización de obras que xogaron un papel destacado na historia do noso audiovisual Este domingo 21 comeza na Coruña a terceira edición da Semana das Músicas do Audiovisual, que aglutinará concertos e formacións ata o próximo 26 de outubro A Coruña, 18 de outubro do 2018.- Esta mañá inaugurouse no Centro Ágora a nova sede da Oficina de Cooperación Audiovisual (ACO) e da Academia Galega do Audiovisual coa presenza de José Manuel Sande, Concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento; Nani García, Vicepresidente da AGA e Director Artístico da III Semana das Músicas do Audiovisual); Susana Veira e Ana Míguez, membros da Xunta Directiva da AGA. O Concello da Coruña cedeu a nova sede á Academia Galega do Audiovisual, reforzando así o seu apoio ás principais actividades que viña desenvolvendo a AGA na cidade: os Premios Mestre

A terceira SEMUA encherá de músicas do audiovisual A Coruña dende o 21 ata o 26 de outubro

A Orquesta Sinfónica de Galicia ofrecerá un gran concerto o venres 26 de outubro no Teatro Colón no que interpretará algunha das principais partituras para cine e televisión de Nieto, referente no Estado, e máis dalgúns destacados compositores galegos A partir do domingo 21 de outubro haberá concertos didáctios, obradoiros e masterclass. A maioría deles, de acceso gratuíto A Coruña, 28 de setembro de 2018.—A terceira edición da SEMUA encherá A Coruña de músicas do audiovisual dende o 21 ata o 26 de outubro. Este singular festival singular, dirixido por Nani García e organizado pola Academia Galega do Audiovisual co apoio do Concello da Coruña, da Orquesta Sinfonica de Galicia e da Banda Municipal de Música da Coruña, dá protagonismo ás músicas para cine, televisión e outros medios audiovisuais, difundindo as mellores composicións en cada xénero e ampliando a formación de profesionais e persoas interesadas en eidos como composición, produción e

La Academia Galega do Audiovisual busca Lugares comunes para el sector educativo y el audiovisual

Sumamos fuerzas con la Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) en una jornada que se celebrará el 19 de octubre en A Coruña y que aportará a las personas asistentes conocimientos y experiencias de éxito en la innovación audiovisual como solución docente A Coruña, 24 de septiembre de 2018.- La Academia Galega do Audiovisual celebra el próximo 19 de octubre, en el Centro Cívico Cidade Vella de A Coruña, la jornada Lugares comunes para la educación y el audiovisual, que abordará la etapa de cambios que vivimos en el campo educativo y valorará el papel que juegan los distintos agentes -productoras, docentes, profesionales del sector audiovisual- con el objetivo de favorecer el diálogo, transmitir conocimientos y experiencias que puedan ser de aplicación y de utilidad a la hora de materializar nuevos proyectos y facilitar, así, la puesta en marcha de iniciativas transformadoras. Las jornada comenzarán con una sesión de mañana, organizada por la