EL MENSAJERO, DE SHARHAM ALIDI, GAÑA O PREMIO Á MELLOR PELÍCULA AMAL 2010

31 / 10 / 2010

“El mensajero” (Whisper in the Wind),), do director iraniano Sharham Alidi, resultou a gañadora a oitava edición do festival internacional de Cinema Euroárabe Amal,  na categoría de mellor longametraxe de ficción. Ademais, o seu actor protagonista, Omar Chawshin foi galardoado co premio á mellor interpretación masculina.

 

O premio á mellor dirección de Amal 2010 compárteno dous directores, Elia Suleiman,  polo seu traballo en “El tiempo restante” (The time that remains) e Michel Khleifi, por “Zindeeq”. En canto á categoría de mellor actriz, os membros do xurado decidiron outorgar un premio colectivo a Hafsia Herzi, Sondos  Belhassen e Wassila Dari, polas súas interpretacións en “Secretos enterrados” (Buried Secrets).

A produción francesa “Es domingo” (C´est dimanche), dirixida por Samir Guesmi,  foi elixida como mellor curtametraxe de ficción.  “Camino a Nahr A Bared” do sevillano Sebastián Talavera impúxose sobre as súas competidoras  como  mellor longametraxe documental e Mi muñeca de trapo” (My rag doll) de Shereen Ghieth, alzouse co  premio a mellor curto documental. 

O Premio Amal do Público desta  oitava edición recae en “Mashi trasi que trasi” do director catalán Eduardo Alter e “El tiempo restante” (The time that remains) de Elia Sulieman, recibe o galardón outorgado pola Televisión de Galicia.

Por último, o Premio a de esta segunda edición de AmalExpress é para  “Camiño da memoria, Path of memory”.

Palmarés Amal 2010Mellor Longametraxe de Ficción: “El mensajero” (Whisper in the Wind)

Mellor  Longametraxe Documental: “Camino a Nahr Al Bared”Mellor  Curtametraxe de Ficción: “Es domingo” (C´est dimanche)

Mellor  Curtametraxe Documental: “Mi muñeca de trapo”

Mellor Director: Elia Sulieman y Michel KhleifiMellor Actriz: Hafsia Herzi, Sondos  Belhassen y Wassila Dari

Mellor Actor: Omar ChawshinPremio Amal doPúblico: “Mashi trasi que trasi”Premio Televisión de Galicia: “El tiempo restante” (The time that remains)

Premio Amal Express: “Camiño da memoria, Path of memory”.

Categoría: Novas
Etiquetas: