A nosa presidenta Ana Míguez e o presidente da Asociación PuntoGal, Manuel González González, asinaron un convenio de colaboración grazas ao cal as académicas e académicos poderán obter un dominio .gal a prezos reducidos. A sinatura realizouse de xeito telemático, dada a situación de confinamento provocada pola crise do Covid-19. PuntoGal, que supera os cinco mil dominios rexistrados, vai continuar a promover este tipo de convenios fundamentalmente “en novos proxectos relacionados coa lingua, a cultura e a tecnoloxía, os tres eixos centrais da nosa actuación, que como a Academia, contribúen á difusión da cultura galega en todo o mundo”, en palabras do director xeral da PuntoGal, Darío Janeiro. Para Janeiro “é unha forma máis de sinalar a relevancia que damos aos produtores de entretemento no traballo do dominio. Igualmente, as académicas obteñen dominios a un prezo máis reducido, co obxectivo de propagar o seu uso o máximo posible”. Pola súa