Hoxe mércores día 22 ás 18, 20.30 e 23h terá lugar a proxección no salón de actos da Biblioteca Nodal de Ourense do filme “Díaz: non limpedes este sangue” de Daniele Vicari, dentro do ciclo Erro do Sistema. Título: «Díaz: Non pulire questo sangue» · Díaz: No limpiéis esta sangre (Díaz: Non limpedes esta sangue)

Ano: 2012
País: Italia
Director: Daniele Vicari
Guión: Daniele Vicari, Laura Paolucci, Alessandro Bandinelli i Emanuele Scaringi
Música: Teho Teardo
Fotografía: Gherardo Gossi
Reparto: Claudio Santamaria, Jennifer Ulrich, Elio Germano, Davide Iacopini, Ralph Amoussou…
Duración: 120 min.
Productora: Fandango | Le Pacte | Mandragora Movies
Distribuidora: Vértigo
Exhibición: Dixital 1’9 (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: italiano, alemán, francés, inglés e castelán · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sinopse:
Un filme baseado nos feitos acontecidos no 2001, en Xénova, durante a conferencia do G8. Aínda que a cidade estaba blindada para recibir aos dirixentes das potencias mundiais, un grupo de activistas, a maioría estudantes, pecháronse na escola Díaz e foron desaloxados brutalmente pola policía. Tal como denunciou Amnistía Internacional, en Xénova tivo lugar a violación dos dereitos humanos máis grave desde a II Guerra Mundial (1939-1945).

Premios e mencións:
2012 · David di Donatello (Italia): 4 Premios :: Festival de Valladolid Seminci: premio do público

Crítica:
“Que pode pasar pola cabeza dun policía para pegar porrazos a un cidadán indefenso tirado no chan? Só podo pensar nunha resposta: un casco. Se eres dos que todavía non comprenden que un funcionario teña entre as súas atribucións repartir estopa para conter manifestacións, dos que escandalízanse cando escoitan falar de «despregues contra o inimigo» a comisarios, e estreméceste cando o ves no YouTube a última mostra de matonismo uniformado, achégate a «Diaz: Non limpedes esta sangue» con sumo cuidado… a dureza da violencia do Estado que retrata… non é definitivamente para todos os estómagos…”
Manuel Piñón (Cinemanía)


Lembrade tamén que os luns, hai «sesión de Filmoteca» as 20:30 e 23 h
. e este mes, con entrada de balde.

Máis información en http://cineclubepf.blogspot.com.es/