A Escola Superior Marcelo Macías vai a impartir a 5ª Edición do Curso de Introdución á Fotografía Dixital, cunha duración de 23 horas, distribuídas en xornadas de 2 horas e media durante todos os martes do 28 de xaneiro ao 1 de abril. O obxectivo deste curso é abordar desde un punto de vista técnico e, sobre todo, expresivo a teoría fotográfica para sacar o mellor rendemento ao noso equipo e fotos.

A quen vai dirixido?
A aqueles que queiran iniciarse na fotografía dixital de xeito rigoroso e práctica.


Metodoloxía?
Utilizarase a reportaxe fotográfica (realización e visionado) como vehículo de aprendizaxe para conseguir transmitir historias e sensacións coas imaxes. Combinaremos teoría coa súa pertinente práctica e ademais realizaremos unha saída fotográfica.

Requisito: Cámara fotográfica dixital.

Docente: Esther Taboada, licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e especializada en Fotoperiodismo co Máster de Fotografía Digital pola Universitat Autónoma de Barcelona. http://www.esthertaboada.com/

Prezo: 100 €
Descontos por:
Alumnos e Ex alumnos: 80 € (20%)
Desempregados: 90 € (10%)

Como novidade este ano pódese gañar o curso participando no noso Concurso Fotográfico de Facebook “Sobe a túa mellor foto”. Ademais, só por seguirnos en Facebook e participar obterase un 5% de desconto.

Para inscribirse no curso é necesario facer un ingreso de 25 € en concepto de reserva, o resto abonarase o día de inicio do curso.


Pode realizalo nas instalacións da Escola (C/ Marqués de Amboage Nº 12 1º. 15006 A Coruña) ou na nosa conta do Banco Pastor.

Nº Conta: 0072 8108 56 0600446716
Concepto: CURSO FOTOGRAFA NOMEE
Empresa: PROSPECTIVA E ANÁLISE CONSULTORES, S.L.

Para calquera dúbida ou aclaración non dubide en contactar coa escola en escola@marcelomacias.com, no teléfono 981.235.265 ou a través da sección de contacto da súa páxina web.