Onte coñecéronse os finalistas dos Goya 2016 e unha vez máis o cine galego está de noraboa. O Descoñecido, Noite ¿de paz? – Holy Night e Maimiño son os tres filmes que encherán de acento galego o Centro de Congresos Príncipe Felipe de Madrid 6 de febreiro.

O Descoñecido, de Vaca Films e dirixida polo noso vogal, Dani de la Torre, é o terceiro filme con máis candidaturas optando a dez estatuíñas: Mellor Actor Protagonista (Luís Tosar, que xa ten tres Goyas na casa), Mellor Actriz Secundaria (Elvira Mínguez), Dirección Novel (Dani de la Torre), Guión (Alberto Marini), Dirección de Produción (Carla Pérez de Albéniz), Son (David Machado, Jaime Fernández e Nacho Arenas) e Efectos Especiais (Isidro Jiménez e Pau Costa).

Das catro finalistas en Longametraxe de Animación dúas son galegas, amosando o potencial deste xénero na nosa comunidade. Noche ¿de paz? – Holy Night de Dygra Films e Maimiño, de Ficción Producciones, que xa se alzou co Mestre Mateo nesta categoría o pasado mes de abril.

Noraboa a todos e moita sorte!