DARIO GRANDINETTI, FEDERICO LUPPI, MABEL RIVERA, ANTONELA COSTA E CAROLINA PELERITTI, PROTAGONISTAS DE “INEVITABLE”, A PRÓXIMA PELÍCULA DE JORGE ALGORA

5 / 06 / 2012

O 11 de xuño arranca a rodaxe de “Inevitable”, a nova longametraxe de Jorge Algora (El niño de barro), que rodará en Bos Aires e Santiago de Compostela,  entre os meses de xuño e setembro deste ano.

A película estará protagonizada por Darío Grandinetti (El lado oscuro del corazón), Federico Luppi (Un lugar en el mundo), Mabel Rivera (Mar a dentro), Antonella Costa (Garaje Olimpo) e Carolina Peleritti (¿Quién dice que es fácil?). Contará coa dirección de fotografía de Suso Bello (AEC), a dirección de arte de Sebastián Roses e a produción executiva de Susana Maceiras e Luis Sartor. 

O guión é unha adaptación da exitosa obra de teatro “Cita a ciegas”, de Mario Diament., escrita por Héctor Carré e Jorge Algora.

“Inevitable” é unha historia de encontros, decisións e casualidades na que os personaxes transitan entre o amor ideal e o puro sexo.

Nesta coprodución participan Adivina Producciones, Zarlek, Progress Communications, TVG,  ICAA e a Xunta de Galicia a través de AGADIC, e conta co financiamento de AFIGAL.

Categoría: Novas
Etiquetas: