CURSO DE LITERATURA E CINE EN A CORUÑA

25 / 06 / 2013

O próximo venres, día 28 de xuño remata o prazo de inscrición ao curso intensivo Literatura e Cine que se impartirá en Polisemias do 4 ao 19 de xullo, ambos inclusive. Neste curso participarán tódolos profesores que impartira nalgún obradoiro ao longo do curso académico, como Ainhoa Mallo, Ángel de la Cruz, José Domingo, Antía Otero, Dores Tembrás, Xabier López e Pablo Gallego.

Sen perder o enfoque práctico dos obradoiros que se imparten en Polisemias, o primeiro espazo en Galicia adicado en exclusiva a impartir talleres de escritura, este curso facilitará aos participantes unha serie de datos e técnicas que o axudarán na busca da súa propia voz.

 

Materia: Escritura, guión, adaptación cinematográfica, cómic, coaching, realización y creación efímera.

Nivel: Iniciación

Duración: 16 horas repartidas en 8 sesiones

Prazas: limitadas.

 

Tedes máis información no email hola@polisemias.com ou na web www.polisemias.com

Categoría: Novas
Etiquetas: