CORES, A PRODUCIÓN DE MR MISTO FILMS, ESTARÁ PRESENTE EN SEIS FESTIVAIS MÁIS ATE FINAL DE ANO

10 / 11 / 2008

A produción de Mr Misto Films e Jairo Iglesias remata o ano cunha saúde de ferro, ao estar presente en media ducia de festivais nos próximos meses. A peza audiovisual, interpretada por Vicente de Souza e Alberto Rolán, narra a historia de dous soldados que en 1939, se atopan cara a cara nun bosque boirense.
As primeiras paradas faráas nos emblemáticos: Certame Audiovisual Liceo Casino de Vilagarcía, que celebra a súa 36ª edición, e no 34º Festival Internacional de Filmets de Badalona. Ambos os dous comezarán as proxeccións das curtametraxes seleccionadas esta mesma semana.

Cara finais de mes Cores viaxará dende Pasaia, Guipúzcoa, ate Jerez de la Frontera, pasando no transcurso polo 10º Certamen Internacional de Cortometrajes “Ciudad de Soria” da cidade leonesa.

Para rematar o ano a produción galega despediráse no 13º Festival de Cine de Zaragoza, onde competirá dentro da sección Premio Joven Realizador, Mejor Corto de Vídeo e Premio del Público.

Categoría: Novas
Etiquetas: