O vindeiro luns representantes e candidatos políticos ás vindeiras eleccións explicarán e debaterán as políticas a desenvolver polas súas formacións no sector audiovisual e, por extensión, no campo da cultura.

Como sabedes, esta é unha actividade promovida pola Academia Galega do Audiovisual que ten un duplo obxectivo: por unha parte que os responsables políticos expliquen cales son as súas propostas e, por outra, que os académicos poidan entrar en debate directamente con eles.

Por esta última circunstancia, enviamos esta convocatoria para que participedes nesta actividade e desculpas a premura de tempo con que funcionan estas cousas, sobre todo pola dificultade de cadrar as axendas dos participantes. A seguir vai o argumentario proposto aos participantes no debate e os datos prácticos do mesmo. Sería de agradecer unha participación ampla e non é necesario dicir que podedes propoñer novos argumentos no mesmo debate.

 

Argumentario inicial

– Políticas xerais arredor do cine e do sector audiovisual

– O sector audiovisual como sector estratéxico.

– O cine e a excepción cultural.

– Televisións públicas e televisións privadas. Regulamentos, Medidas de protección para o cine propio. Cotas.

– IVE cultural.

– Políticas culturais xerais.

 

Lugar: Facultade de Xornalismo, Santiago de Compostela

Hora: 19.00

Participantes:           Partido Popular de Galicia: Juan de Dios, nº5 por A Coruña

Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE: Ricardo García Mira, nº2 por A Coruña

Nós-Candidatura Galega: Carlos Callón, nº1 por A Coruña

En Marea: Miguel Anxo Fernán-Vello, nº1 por Lugo

Ciudadanos: Antonio Lara, nº1 por Pontevedra

 

 

Modera: Irene Lourido