CONFERENCIA NA ESCOLA DE IMAXE E SON DE A CORUÑA CON JOSÉ MARÍA BESTEIRO

17 / 11 / 2014

Como complemento á formación que reciben os alumnos que cursan ciclos formativos na Escola de Imaxe e Son, pero tamén aberto a todas aquelas persoas interesadas, ofrecerase unha charla-conferencia impartida polo produtor José María Besteiro.

Durante a charla os asistentes poderán sacar proveito da ampla experiencia deste recoñecido produtor no cinema, nas series de tv, na distribución de contidos audiovisuais , na xestión de cadeas de tv e música e nas novas plataformas dixitais.

A conferencia será o luns 17 ás 10:00h, con entrada libre e de balde ata completar o aforo, no cinema Someso, na Escola de Imaxe e Son, Someso 6, A Coruña.

Categoría: Novas
Etiquetas: