COMEZA O I CURSO DE CREACIÓN E GUIONIZACIÓN DE DOCUMENTAIS

29 / 05 / 2008

Hoxe comezou o I Curso de Creación e Guionización de Documentais, nas aulas do Máster en Producción e Xestión Audiovisual da Universidade da Coruña. No contexto desta iniciativa organizada porlo MPXA daranse cita os mellores documentalistas españois para impartir clases dun xeito eminentemente práctico e dirixido a profesionais en activo do audiovisual.

O propósito é formar documentalistas de calidade, así como actualizar coñecementos e amosar as novas tendencias no campo documental.

Os profesores deste curso serán:

Ricardo Iscar (Evolución do Documental)
Javier Corcuera (Documental Social)
Luis Miguel Domínguez (Documental de natureza e ciencia)
Joan Ubeda (Documental de natureza e ciencia)
Llorenc Soler (Documental Histórico)
José Manuel Novoa (Documental Etnográfico e de Viaxes)
Pablo Usón (Documental de Investigación)

PROXECTO INDIVIDUAL

Cada alumno desenvolverá un traballo individual de documental que será tutelado por un profesional de recoñecido prestixio ao longo do curso. As titorías poderán ser presenciais ou vía on-line. Con este sistema conséguese unha formación personalizada dos alumnos e permite que se especialicen na tipoloxía que eles prefiran.

DEFENSA DOS PROXECTOS

Os alumnos terán que defender os seus proxectos ao final do período formativo (técnica de pitching) perante un comité de expertos. A Televisión de Galicia valorará a posibilidade de mercar os dereitos dos tres mellores proxectos presentados, (con previo consentimento do autor ou autores), como xeito de premiar o traballo e o talento dos alumnos.

POSIBILIDADE DE INSCRICIÓN EN MÓDULOS.

Existe a posibilidade de que as persoas que o desexen poidan inscribirse en algún dos módulos concretos para adquirir esa formación específica.
Para máis información:

Mail: mpxa@udc.es
Telefono: 981 167000 ext. 4877.

Categoría: Novas
Etiquetas: