ARRINCA A CUARTA EDICIÓN DO FESTIVAL CREATIVO DE CURTAS ON&OFF DE RIBADEO

29 / 05 / 2008

Dende principios de xuño ábrese o prazo para participar no Festival Creativo de Curtas On&Off 4 de Ribadeo, que terá lugar do 29 de Xullo ao 3 de Agosto na vila lucense. A novidade deste ano é a dimensión internacional do festival: pode participar calquer curta de calquer nacionalidade.
Trátase dun festival con actividades diversas para un plúblico heteroxéneo que vai camiño de converterse na referencia da creación audiovisual de todo o noroeste peninsular. Ribadeo convertido, por obra e graza do On&Off, nun gran plató de rodaxe no que se gravarán varias curtas e se exhibirán as seleccionadas para o festival durante os días citados. Todo isto acompañado das sesións de formación as Sesións Vermús e a gala final de entrega de premios.

A gran novidade de este ano é que o festival se amplía ao exterior, convírtese en internacional. Este ano pode participar no festival calquer curta de calquer nacionalidade.

O prazo de recepción de curtas finalizará 30 de xuño (data do cuño). As curtas poden remitirse ao seguinte enderezo:

Mr Misto Films
ON & OFF 4 Festival creativo de Curtas
Rúa Covadonga 1-3, 1ºF
Vilagarcia de Arousa_36600
Pontevedra-Spain

Máis información en:

Email: info@festivalonoff.com
Páxina Web: www.festivalonoff.com

Categoría: Novas
Etiquetas: