Hoxe empeza a segunda rolda de votacións dos XVIII Premios Mestre Mateo

12 / 02 / 2020

Hoxe ábrese a segunda rolda de votacións dos XVIII Premios Mestre Mateo, na que as académicas e académicos escollerán cos seus votos as obras e profesionais gañadores da presente edición en cada unha das 25 categorías. O prazo estará aberto ata o día 2 de marzo ás 14:00 horas.

Nesta ligazón pódese consultar a listaxe de finalistas. A oficina da Academia está dispoñible para calquera dúbida ou aclaración no teléfono 981 227 701 ou no mail premios@academiagalegadoaudiovisual.gal.

Etiquetas: